Congreso celta | |||
---|---|---|---|
Tipo | institución cultural ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1917 ![]() | ||
[ Wikidata ] |
O Congreso Internacional Celta é unha organización cultural cuxo obxectivo é promover as linguas célticas faladas nas nacións de Irlanda, Escocia, Gales, Bretaña, Cornualla e na Illa de Man. Non se trata dunha organización política, senón cultural, xa que o seu propósito é "... perpetuar a cultura, os ideais e a lingua dos pobos celtas, e manter un contacto intelectual e forte cooperación entre as respectivas comunidades celtas". O Congreso celta non debe ser confundido con outra organización semellante, a Liga Céltica, que trata asuntos políticos.
Cada ano celébrase un Congreso Internacional Celta nunha das nacións celtas, cuxa localización decídese en quendas previamente acordadas. O congreso do ano 2014 celebrouse na cidade galesa de Cardiff.